A Fundación Mozilla permite probar o que será o Firefox 3.1

mércores, 15 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Ao conmutar entre pestanas podemos ver unha miniatura das mesmas no Firefox 3.1

O navegador de Mozilla está avanzando cara a unha importante revisión, e vén de publicarse a primeira versión de proba do que será o Firefox 3.1, que servirá para comprobar as funcionalidades que achegará este programa como melloras no soporte de estándares web, soporte de propiedades CSS 2.1 e CSS 3, un novo atallo para o cambio de pestanas que amosa imaxes previas de cada unha, control mellorado da función de busca dende a barra de enderezos e soporte de novas tecnoloxías web coma os elementos

PUBLICIDADE