A FIC acolle esta semana unha xuntanza internacional sobre aplicacións TIC da lingüÃstica
luns, 5 de marzo do 2012
- Participantes da edición 2011 desta xuntanza internacional de TICs e lingüÃstica coñecida como LATA
A Facultade de Informática da Coruña, FIC,
acolle ao longo desta semana a sexta edición dun encontro internacional sobre
aplicacións informáticas da lingüÃstica, un eido de actividade no que as
empresas galegas están a pisar ben forte, non hai máis que ver as achegas recentes
de firmas como Imaxin ou Galapps, e que
pode ter aÃnda máis desenvolvemento e extensión cara ao exterior. A International Conference on Language and
Automata Theory and Applications (LATA 2012), asà se fai chamar a
xuntanza, celébrase por vez primeira na nosa terra e trátase, segundo informa a
UDC, dun evento cientÃfico anual de grande relevancia no que se presentan
traballos cientÃficos no eido da informática teórica e as súas aplicacións de
vinte paÃses.
Detrás da organización desta convocatoria
galega de LATA atópanse o Grupo de Investigación en Lingua e Sociedade da
Información (LYS) da UDC e máis o Research Group on Mathematical Linguistics -
GRLMC da University Rovira i Virgili de Tarragona.
O grupo LYS, cóntanos a Universidade da
Coruña, é un equipo de investigación interdisciplinar adscrito ao Departamento
de Galego-Portugués, Francés e LingüÃstica da UDC, no que traballan profesores
e investigadores das áreas de LingüÃstica Xeral e de Ciencias da Computación e
Intelixencia Artificial das Facultades de FiloloxÃa e Informática. As súas
investigacións principais céntranse na LingüÃstica Computacional, Procesamento
da Linguaxe Natural e EnxeñarÃa da Lingua, para o desenvolvemento de recursos
para as TecnoloxÃas LingüÃsticas.