A Casa do Gourmet adáptase aos móbiles con Android

xoves, 31 de maio do 2012 Fernando Sarasketa

A Casa do Gourmet, tenda en liña galega especializada (como o seu propio nome indica) en todas esas cousas que fan que luza unha cociña ou mesa de xantar, vén de publicar no Google Play unha aplicación para móbiles co sistema Android que lles vai permitir aos seus seareiros-usuarios levar a tenda con eles a tempo completo, a través do móbil. A Casa do Gourmet, que ten sede social en Vigo e leva xa preto de seis anos distribuíndo a tódolos recantos do mundo (non só a nosa terra) produtos de primeira calidade e delicatessen, lanza o devandito servizo de tenda en liña co obxectivo “de achegarse aínda máis aos clientes e amigos”.
Ou sexa, de ser cen por cen accesíbel.
O desenvolvemento vén da man de Ceonet e en breve, sinalan os responsábeis da firma, complementarase con novas versións para iOS e WP. “Deste xeito”, engaden dende A Casa do Gourmet, “apostamos forte pola nosa presenza no ámbito do ecommerce, co que tratamos de ofrecer non só a maior oferta, senón tamén a mellor”.

A aplicación está dispoñible de balde a través de Google Play

PUBLICIDADE