A Casa Encantada de Santiago acollerá un curso de tres meses sobre a cultura e o software libre

venres, 9 de novembro do 2007 Fernando Sarasketa

Hai máis vida alén da SGAE e da protección tradicional dos dereitos de autor. Isto que semella obvio, se cadra non é tanto se temos en conta o moito que se está a facer notar nos últimos temos a dita entidade de xestión en Galiza, sobre todo en Santiago, onde xa está a enfiar a recta final da posta a punto da súa sede, en Vista Alegre. O caso é que hai alternativas, e o Comando Anti-SGAE e a Universidade Popular están a dar conta delas a través de actividades abertas, de balde e participativas. Nesta liña é onde se sitúa o curso Propiedade intelectual vs. liberdade de uso, liberdade da modificación e liberdade de copia da Universidade Popular.
Estas xornadas desenvolverase ó longo de novo sesións durante os meses de novembro, decembro e xaneiro, e terán lugar na Casa Encantada, ás 21.00, cunha duración para cada sesión dunhas dúas horas. Segundo informa o Comando Anti-SGAE, en cada un dos encontros programados alternarase a explicación de conceptos xerais co esclarecemento de cuestións específicas, segundo o interese dos asistentes. Haberá material didáctico e audiovisual e trataranse temas como dereitos de autoría, protección de dereitos de autoría, copyleft, creative commons, música libre e Internet, creación audiovisual, software libre, licenzas GPL ou estratexias pola fin da cultura privativa.

PUBLICIDADE