A Campus Party estreará área dedicada aos blogs
martes, 22 de xullo do 2008
- A Campus Party na súa edición de 2007
O vindeiro luns comezará a Campus
Party en Valencia, que nesta ocasión acollerá a primeira CampusBlog,
englobando no encontro distintas
conferencias, obradoiros e actividades centradas no mundo das bitácoras de
Internet coma poderÃan ser o apadriñamento de blogs (no que un
blogueiro veterano axudará a algún asistente a crear a un blog, elixÃndose
finalmente ao mellor entre estas creacións), obradoiro de creación de blogs, un
maratón de Podcast (24 horas de gravacións sonoras para a súa distribución pola
Rede) e obradoiros sobre a creación de blogs ou de engadidos para WordPress,
entre outras cousas.
Os asistentes poderán coñecer en primeira persoa a algunhas figuras relevantes
da blogosfera internacional que compartirán os seus coñecementos como Mary Hodder (fundadora de Dabble.com
e que logrou chegar ao número 49 da listaxe de blogs máis populares segundo
Technorati) e Régine Debatty (unha das mellores blogueiras europeas, autora de We Make Money Not Art); aÃnda que
tamén resultarán de especial interese un par de mesas redondas como a
protagonizada polas Tecnomozas Drita, Carolina
Denia, Osiris e Kara (moi populares na blogosfera)
ou a que tratará sobre a profesionalización da blogosfera, que contará coa
participación de Eduardo Arcos, Antonio Ortiz Medina e Javier Wicho
Pedreira.