A CMT racionaliza o negocio das SMS Premium
luns 2 de agosto do 2010, por |
Unha
resolución da Comisión do Mercado das Telecomuniacións (CMT) obriga ás
grandes operadoras (Movistar, Vodafone, Orange, Yoigo e Euskaltel) a modificar
a relación que manteñen cos provedores de servizos de valor engadido, ou sexa,
ás empresas que proporcionan os contidos ou os servizos que utilizan as
mensaxes de texto Premium (coma concursos, cancións para o móbil, xogos…) pois
ata o momento as operadoras facíanse co 50% dos ingresos dun negocio que move
uns 500 millóns de euros ao ano.
Tras unha queixa presentada por Alterna Project en maio de 2008 na que
denunciaban a imposibilidade de negociar a comisión das operadoras polas SMS
Premium, aceptando a CMT que o custo maiorista sería arbitrario, e forzando ás
operadoras a fixar un novo prezo polos mesmos nos que teñan en conta os custos
reais nos que incorren as compañías ao emprestar as súas redes, que non podería
superar ao custo dunha mensaxe de texto normal (uns 15 céntimos), o que é
unha cantidade moi inferior ao que cobran actualmente as compañías de telefonía
móbil.
Aínda que o ditame da CMT só afecta a Alterna, o resto de compañías que fan uso
das SMS Premium poderían reclamar as mesmas condicións, polo que podemos dar
por rematada a situación actual na que as compañías de telecomunicacións tiñan
uns ingresos desproporcionados polas mensaxes de texto de tarificación
adicional.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















