A CMT abre un expediente sancionador a Vodafone

mércores, 26 de setembro do 2012 Redacción

A Comisión do Mercado das Telecomunicación vén de abrir un proceso sancionador contra Vodafone tras recibir unha denuncia de Telefónica por presunta cancelación de portabilidades a clientes do semento empresas, que podería supor ao operador unha sanción de ata 2 millóns de euros por unha infracción administrativa tipificada como moi grave, por incumprir coa obriga de proporcionar ao cliente o dereito a mudar de operador conservando a súa numeración telefónica.
De demostrarse que Vodafone cancelaba portabilidades de xeito irregular podería ter que pagar o quíntuplo do beneficio bruto obtido ata un máximo de 2 millóns de euros. Dende o operador británico deféndese das acusacións asegurando que a denuncia non parte dunha práctica xeneralizada, senón de feitos puntuais e excepcionais que se producen de xeito recíproco e cun impacto mínimo no mercado.

PUBLICIDADE