A IARC clasifica a telefonÃa móbil como un posible carcinóxeno
martes, 31 de maio do 2011
Cando aÃnda non nos tiñamos recuperado da crise sanitaria ao redor dos cogombros
españois, chega a Axencia Internacional de Investigación sobre o Cancro (IARC) e
publica unha nota de prensa (que podemos descargar en
formato PDF) na que asegura que clasificou os campos electromagnéticos de
radiofrecuencia como un posible carcinóxeno para humanos (dentro do grupo 2B)
baseándose nun incremento do risco de desenvolver gliomas asociado co uso de
teléfonos móbiles.
Pero esta comunicación da OMS parece estar a ser mal interpretada, pois antes
de concluÃr que a OMS considera perigoso o uso da telefonÃa móbil haberÃa que precisar
que a IARC clasifica os axentes carcinóxenos no grupo 1, os axentes que probablemente son carcinóxenos no grupo
2A, e no grupo 2B sitúa os produtos dos que só existe a posibilidade de que produzan cancro, ou sexa, que o que
non é posible de desbotar tal posibilidade, sendo preciso realizar máis estudos
para chegar a conclusións solventes, ou sexa, que quedamos igual que estabamos,
polo que os efectos do uso da telefonÃa móbil no desenvolvemento de cancro
seguen a ser unha incógnita.
Son asà precisos moitos outros estudos a longo prazo para determinar se o uso
dos móbiles pode ser prexudicial, aÃnda que os consellos de non empregar
durante moito tempo os móbiles ou de procurar afastar os terminais da cabeza
serÃan unhas precaucións que moitos son libres de tomar de temer prexuÃzos a
longo prazo.