2 millóns de iPads vendidos en menos de 2 meses

luns, 31 de maio do 2010 Marcus Fernández

Pese ás críticas iniciais ao iPad de Apple, o mercado está a recibir cos brazos abertos o novo xoguete da compañía de Cupertino e, pese a que chegase a Europa cun mes de retraso, conseguiu superar os 2 millóns de unidades vendidas en só 59 días.
Agora que o iPad tamén está á venda en Australia, Canadá, Francia, Alemaña, Italia, Xapón, Suíza, Reino Unido e España, é de agardar que estes resultados de vendas sexan aínda mellores, aínda que para ter un mellor control da comercialización global, non chegará a máis países ata xullo.
Ata o momento a App Store xa conta con máis de 5.000 novas aplicacións desenvolvidas para o iPad (aínda que o trebello tamén permite correr as máis de 200.000 aplicacións dispoñibles para o iPhone), polo que a fortaleza deste dispositivo parece difícil de discutir.

PUBLICIDADE