Wii Music decepciona en vendas
luns, 17 de novembro do 2008
- Miyamoto durante a presentación de Wii Music
Nintendo tennos
afeitos a grandes lanzamentos durante o Nadal, e asÃ, en 2006 trouxo a Wii e en
2007 repetiu o éxito con Wii Fit,
pero a aposta para este ano, Wii Music
non parece estar a responder como a empresa nipona agardaba, e o xogo musical que se vende en España a
59,95 euros non está despuntar en vendas, e parece estar a ser superado por
tÃtulos bastante máis vellos coma Mario
Kart Wii, Wii Fit, Wii Play e o recentemente chegado Rayman Raving Rabbids TV Party (ou
incluso a versión para Wii de Guitar Hero).
Dende Nintendo aseguran non estar preocupados, e consideran
que o xogo tarda en despegar porque «a
xente está comezando a entender o que ofrece Wii Music», pois
este tÃtulo é totalmente distinto a xogos musicais coma o Guitar Hero ou o Rock Band,
e non hai moita unanimidade entre a crÃtica sobre se o xogo chegará a
consolidarse, aÃnda que dende a empresa de Shigeru Miyamoto pensan no mesmo
como un produto que se vai manter a longo prazo (como acontece cos todos os
grandes éxitos de Nintendo para a Wii).
De todos os xeitos, hai que recoñecer que Wii
Music está moi lonxe das cantidades que normalmente move Nintendo coas súas
estreas, pois se fala dunhas 66.000 unidades vendidas en 2 semanas, mentres que
Wii Fit vendeu máis de 687.000 copias
no seu primeiro mes e o Brain Training
superou os 2,5 millóns de copias nas primeiras semanas, polo que non parece
arriscado apuntar que o novo xogo decepciona en vendas, en boa medida porque
resulta difÃcil de catalogar. ¿Será demasiado innovador para o público
ocasional?