YouTube permite consultar as estatísticas dos nosos vídeos

xoves, 27 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Os creadores de vídeos que os publiquen a través de YouTube poderán agora coñecer mellor ó seu público grazas a YouTube Insight, unha nova funcionalidade que permite ver os detalles das visitas de cada clip distribuídos temporal e xeográficamente.
Podemos saber así cales son os picos de popularidade dun vídeo e os países que máis o ven, de xeito que esta información pode axudar a analizar as audiencias, o que permite a mellorar a súa explotación publicitaria.
Para acceder a esta nova funcionalidade debemos premer no botón de Acerca de este vídeo cando exploramos os nosos propios vídeos subidos a YouTube.

PUBLICIDADE