Zipy Golfinho, o reprodutor multimedia que pode funcionar coma mans libres do móbil
xoves, 31 de xullo do 2008
Xa se vende nas
tendas un novo reprodutor multimedia que sorprende polo seu nome, Zipy
Golfinho, e a súa principal caracterÃstica é que conta con conectividade
Bluetooth, o que lle permite funcionar
en modo mans libres co noso móbil (de xeito que podemos contestar
chamadas cando estamos a escoitar música sen ter que cambiar de auriculares) e
intercambiar arquivos (cun PC ou con outro dispositivo Bluetooth).
O Zipy Golfinho ten unha pantalla de 2 polgadas, 2 Gb de almacenamento interno,
sintonizador de radio FM, gravadora de voz, altofalante incorporado, unha
autonomÃa de ata 8 horas para música e de 4 horas para vÃdeo e un amplo soporte de ficheiros
multimedia (MP3, WMA, WAV, OGG Vorbis, VI, MPEG-4, JPEG, BMP e GIF).
O seu prezo de venda é de 69,90 euros, aÃnda que hai establecementos que o
venden a 65 euros.