YouTube incorpora novas funcións

mércores, 7 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Aínda que resulta difícil percibir as súas melloras, a web de YouTube está en constante evolución, e dende o portal de vídeos de Google anuncian o que son as súas principais 4 novidades:
- procesamento do progreso do estado: durante a subida de vídeos sábese en cada momento o estado no que está o clip ata que aparece publicado na web
- AutoShare con Buzz: os contidos cargados a YouTube poden compartirse automaticamente en Google Buzz
- identificación dos resultados: a páxina de resultados retocouse para separar os clips correspondentes a canles, vídeos e listaxes de reprodución, á vez que realízase unha identificación máis compacta que indica con claridade os contidos atopados
- nova opción de subtítulos: incorpórase un visualizador interactivo de subtítulos que permite aos usuarios a lectura por adiantado dos subtítulos e ir a un segmento específico dentro dun vídeo con subtítulos.

PUBLICIDADE