Xuventude Galicia Net insta aos seus participantes a emprender no sector tecnolóxico
sábado, 5 de maio do 2012
O encontro
informático Xuventude Galicia Net transcorreu na súa segunda xornada con grande
éxito de participación nas súas actividades, o que xa se fixo notar co relatorio
que abriu a mañá, co profesor e blogueiro Enrique Dans, quen fixo un repaso
dos numerosos cambios que está a provocar a Rede nas nosas vidas, destacando as
oportunidades que iso pode abrir á mocidade á hora de atopar novos nichos de
traballo aos que aÃnda non se adaptou boa parte da sociedade. Tamén reflexionou
no papel que están a xogar as empresas nesta nova conxuntura na que as TIC xa
son unha realidade, como xa formulara no seu libro Todo
va a cambiar, que actualmente conta
dunha edición social, deixando
claro que o mundo da edición tamén pode adaptarse aos novos tempos.
A charla de Dans provocou unha excelente reacción do público, que participou
dun xeito moi activo con numerosas preguntas para chamar á reflexión de distintos
temas tanto dos expostos no relatorio como dos que habitualmente comenta o profesor
do IE Business School no seu blog.
A esta actividade seguiulle Javier MegÃas, asesor da Comisión Europea e
consultor en estratexias innovadoras para empresas e startups, que animou ao emprendemento como saÃda laboral ante a
situación económica mundial, enfoque ao que tamén contribuÃron pola tarde Luis
Alberto Fernández e Xavier Castaño, xerente e vicepresidente de AGASOL, que
ilustraron sobre as oportunidades laborais que achega o desenvolvemento de
software libre.
As charlas da tarde remataron con Rubén Bastón, de Elogia, quen compartiu os
seus coñecementos sobre marketing
dixital cos presentes.
Visita ás instalación
- Ovidio Rodeiro e Mar Pereira, durante a súa visita
O director
xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, e a directora da Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, percorreron
as instalacións do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, onde
interactuaron cos participantes da intranet e visitaron os expositores da zona
exterior do recinto, destacando a presenza de participantes do programa de
Voluntariado Dixital, un programa conxunto dos dous departamentos posto en
marcha meses atrás e que ten como obxectivo achegar as novas tecnoloxÃas aos
colectivos máis afectados pola fenda dixital, e que tivo presenza neste
encontro grazas á participación de 17 voluntarios dixitais.
A Axencia
para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA, está a participar
activamente no encontro Xuventude Galicia Net, difundindo as iniciativas postas
en marcha polo Goberno galego para achegar a tecnoloxÃa ao maior número posible
de persoas e empresas e integrar as TIC en todos os ámbitos da sociedade
Programa da Radio Galega
- Ovidio Rodeiro explicou ante os micrófonos da Radio Galega os cambios que experimentou Xuventude Galicia Net
Para celebrar este encontro da mocidade interesada nas TIC o programa Banda Ancha da Radio Galega emitiuse
en directo dende as instalacións nas que ten lugar o Xuventude Galicia Net, contando coa intervención do profesor
Enrique Dans nunha extensa entrevista e do directo xeral de Xuventude, Ovidio
Rodeiro, quen falou a reformulación do evento que madurou para ofrecer algo máis que lecer aos participantes.
Durante a emisión do programa tamén se informou dun sorteo patrocinado por
Blusens nos que a audiencia poderá facerse con distintos produtos de
electrónica de consumo cedidos pola compañÃa con sede en Compostela.
Podemos escoitar o programa completo a continuación:
- O profesor Enrique Dans interviu no programa Banda Ancha da Radio Galega
- Ovidio Rodeiro destacou a importancia do programa de Voluntariado Dixital durante a súa visita do sábado ao encontro Xuventude Galicia Net