Xiaomi prepara un accesorio que engade un botón fÃsico personalizable ao móbil
mércores, 2 de abril do 2014
Hugo Barra deu conta hai poucas horas dun curioso
accesorio que prevén lanzar dende Xiaomi, que consiste nun conector tipo
minijack de 3,5 milÃmetros que poden introducir na toma de auriculares do
smartphone e que nun dos seus extremos inclúe un botón fÃsico, que pode
aproveitarse para iniciar accións no móbil como disparar unha fotografÃa de
xeito rápido, acender o flash da cámara a xeito de lanterna, gravar unha
chamada telefónica ou desbloquear o terminal (desenvolveron unha aplicación
para realizar 10 accións diferentes).
Barra comparte este desenvolvemento para recibir suxestións sobre o nome que
poderÃa recibir (¿Mi Button? ¿Mi Key? ¿Mi Press?), pero a reacción foi un tanto
diferente, pois non faltaron comentarios apuntando a que este accesorio serÃa
unha copia de Pressy, un accesorio nacido
nun proxecto de Kickstarter que deberÃa ter chegado aos seus mecenas o mes
pasado.
Este último produto deberÃa pórse á venda durante a primavera a 27 dólares
(pouco máis de 23 dólares cos portes incluÃdos) e serÃa compatible con móbiles
Android, pero poderÃa verse ameazado de chegar ao mercado o MiKey de
Xiami ao prezo rumoreado (4,9 iuans, que serÃan uns 57 céntimos). Dende Xiaomi
aseguran que o seu accesorio é un produto orixinal deles, e non serÃa a
primeira vez que dende China fan algo semellante, pois hai poucos meses tamén
trunfou un proxecto de
micromecenado chinés para desenvolver un produto cuspidiño chamado Kuai Anniu.
É de agardar que nas vindeiras semanas teñamos toda unha polémica ante o
estrangulamento dunha startup tecnolóxica
a través do plaxio dos seus produtos.