Xa están aquà o Surface Laptop 3 e o Surface Pro 7
martes, 22 de outubro do 2019
Comezamos o mes con Microsoft presentando os seus novos
produtos da familia Surface, e a
partires de hoxe poden adquirirse en España os Surface Laptop 3 e Surface Pro 7,
partindo o Surface Laptop 3 dun prezo de 1.149 euros (para o seu modelo con
pantalla de 13,5 polgadas, procesador Intel Core i5, 8 GB de RAM e 128 GB de
almacenamento), mentres que o prezo de saÃda do Surface Pro 7 é de 899 euros
(para o modelo con procesador Intel Core i3, 4 GB de RAM e 128 GB de
almacenamento).
O novo Surface
Laptop 3 busca ser o portátil perfecto para o dÃa a dÃa, que conta agora co
procesadores Intel de 10ª xeración, ofrecendo un rendemento até un 50% superior
ao da xeración anterior, aÃnda que o detalle máis salientable é que chega
ofrecendo dous tamaños de pantalla (13,5 ou 15 polgadas) e dous acabados (tecido
Alcantara ou aluminio pulido en cor negro mate). Desta volta o tamaño dos equipos
supón importantes cambios en potencial, xa que a versión con pantalla de 13,5
polgadas está equipada con procesadores Intel Core i5 ou i7 de 10ª xeración
apoiado por unha gráfica Intel Iris Plus, mentres que a versión con pantalla de
15 polgadas opta por un procesador AMD Ryzen 5 ou 7 con gráfica Radeon Vega 9
ou RX Vega 11, o que supón un importante salto a nivel de potencia gráfica, o
que agradecerán especialmente os amantes dos videoxogos.
Pola súa banda o Surface
Pro 7 é o dispositivo 2 en 1 máis versátil do mercado, agora con
procesadores Intel Core de 10ª xeración (o que supón un incremento de potencia
de até o 50%), portos USB-A e USB-C e unha autonomÃa de até unha xornada completa
(até 10,5 horas de uso tÃpico segundo o fabricante). A incorporación dun porto
USB-C é un cambio moi importante neste equipo que, aÃnda que continúa a manter
o seu porto magnético Surface Connect, agora pode cargarse tamén por USB-C, á
vez que tamén pode aproveitar moitas das posibilidades de expansión dos portos
USB-C (aÃnda que, por desgraza, non inclúe Thunderbolt 3). Estamos
principalmente ante unha actualización continuista dun equipo que gañou a pulso
a súa posición no mercado como referente entre os ordenadores en formato
tableta.