Wacom mestura pantallas e tabletas gráficas na súa familia Cintiq
martes, 10 de xullo do 2012
- A tableta gráfica Cintiq 22HD está xa á venda por 1.799,90 euros
Para facilitar o traballo de profesionais do deseño e outras
actividades creativas amplÃan a familia de tabletas Wacom cos pantallas
interactivas Cintiq 22HD e Cintiq24HD, que facilitan que artistas e ilustradores
poidan traballar directamente sobre a pantalla cun lapis especial.
O Cintiq
24HD touch ofrece un xeito innovador e intuitivo de traballar co ordenador,
combinado unha superficie multi-táctil coa posibilidade de utilizar un lapis especial
sobre a mesma como se fose un lenzo para pintar, realizar animacións ou incluso
esbozar deseños industriais dun xeito natural.
Para aproveitar o potencial desta nova tableta gráfica de Wacom recoméndase
empregar aplicacións como o Painter 12.2 de Corel, que permite o uso das
caracterÃsticas multi-táctiles deste tipo de dispositivos.
O Cintiq
22HD, pola súa contra, optarÃa só pola experiencia do lapis, esquecendo a
parte multi-táctil do seu irmán maior, o que claramente afecta ao seu
prezo, que queda en 1.799,90 euros, mentres que o
Cintiq 24HD touch custará 2.299,90 euros (tendo que agardar por este último
ata o mes de agosto para velo nas tendas).
- A tableta Cintiq 24HD touch de Wacom combina o uso do lapis co dos dedos sobre a súa superficie