Vodafone subirá as súas tarifas o 22 de xaneiro

venres, 2 de decembro do 2022 Marcus Fernández

No verán Vodafone anunciou a súa intención de incrementar as súas tarifas en función do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) e finalmente concretan que a actualización das súas tarifas terá lugar o 22 de xaneiro, incrementando os prezos un 8,1%, aplicando a suba a todos os clientes de contrato con independencia de se estamos ante unha tarifa actual ou unha tarifa antiga.
Por exemplo, a tarifa Vodafone One Ilimitada Básica encarécese 3,90 euros na modalidade de 600 Mbps e 4,70 euros con fibra a 1 Gbps; mentres que a tarifa Vodafone One Hogar Ilimitable sube a súa cota en 7,20 euros; sendo a suba máis destacable a de Vodafone Hogar Ilimitatable 2.0, que incrementa o prezo en 8,10 euros.
O cambio de tarifas resulta bastante rechamante, por producirse despois duns meses con ofertas moi agresivas, e tamén polo feito de que as tarifas non vaian redondear os seus prezos para facelos máis atractivos.

PUBLICIDADE