Vodafone achega a Internet das Cousas aos consumidores
martes, 7 de novembro do 2017
Vodafone entra hoxe no mercado da Internet das Cousas (IoT)
para clientes particulares co lanzamento de V
by Vodafone, permitindo aos usuarios conectar millóns de produtos
electrónicos á rede global de IoT do Grupo Vodafone, a maior do mundo.
A tecnoloxÃa IoT proporciona intelixencia para conectar unha
ampla gama de dispositivos en mobilidade, no traballo e no fogar. As
estimacións dos analistas prevén que en 2020 máis de 370 millóns de
dispositivos electrónicos serán capaces de conectarse a redes móbiles IoT nos
paÃses nos que Vodafone opera. Na actualidade, aproximadamente, están xa
conectados 50 millóns de dispositivos.
V by Vodafone
permite a consumidores poder conectar e xestionar unha ampla gama de
dispositivos intelixentes como localizadores GPS para coches, cámaras de
seguridade 4G, trackers para localizar e monitorizar a actividade de
mascotas, maletas, mochilas ou chaves.
O Grupo Vodafone é lÃder mundial móbil en IoT, cunha rede
internacional e unha plataforma de servizos da que dependen máis de 30.000
compañÃas con aplicacións crÃticas para o seu negocio, polo que os pasos
actuais parten da experiencia adquirida na aplicación deste tecnoloxÃa na empresa.
Novos produtos e servizos
A proposta de conectividade V by Vodafone está composta por:
- V-SIM by Vodafone
- A aplicación móbil V by Vodafone
- Conexión inmediata á rede
internacional de IoT de Vodafone
- Unha subscrición mensual fixa para
cada categorÃa de produto conectado cunha V-SIM de Vodafone
- E unha nova plataforma aberta a desenvolvedores de IoT (que lanzarase ao
longo do ano que vén)
O servizo tamén inclúe 4 categorÃas de produto:
- V-Auto by Vodafone (para dar
servizo aos coches conectados para chamadas de emerxencia, localización do
vehÃculo e puntuación de condución segura)
- V-Pet by Vodafone (localizador
de mascotas que ten un prezo de 7 euros/mes)
- V-Bag by Vodafone (localizador
de maletas e mochilas, cunha cota de 5 euros/mes)
- V-Camera by Vodafone (unha
cámara conectada que terá unha cota de 7 euros/mes)
Estes novos produtos están dispoñibles en grandes superficies comerciais,
cadeas especializadas e tendas de comercio electrónico, asà como nos puntos de
venda habituais de Vodafone.