Vodafone Live incorporará o acceso dende o móbil a populares portais web

martes, 3 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Os servizos dispoñibles a través de Vodafone Live medrarán considerablemente despois de que a operadora de telefonía móbil británica pechase un acordo con distintos portais de Internet de xeito que YouTube, Google Maps, eBay.es e MySpace estarán ó alcance dos usuarios móbiles de xeito doado, así como os servizos de correo electrónico de Yahoo! Mail e Windows Live Hotmail.
Ós servizos mencionados tamén se engadirán Meetic, Páginas Amarillas, Guía del Ocio, Entradas.com, Servicaixa, Ivive.com e distintos bancos que ofrecerán os seus servizos a través do móbil.
A vantaxe da incorporación destes servizos a Vodafone Live non é só o incrementar a súa accesibilidade, senón tamén o seu prezo, xa que a navegación pola plataforma móbil de Vodafone custa 0,5 euros por sesión ou 3 euros mes (de contratarse unha tarifa plana) de xeito que a navegación por YouTube, Google Maps, eBay.es, Yahoo! Mail e Windows Live Hotmail non suporá unha carga económica elevada, mentres que servizos coma MySpace precisarán dunhas tarifas de subscrición específicas.

PUBLICIDADE