Vitae formou 35.000 persoas e entrevistou a 14.000 ao longo dos seus 18 anos de traxectoria

martes, 26 de marzo do 2024 S. P.

A consultora tecnolóxica Vitae está estes días de celebración, conmemorando os seus 18 anos de actividade achegando formación avanzada ás empresas e aos profesionais dos sectores innovadores galegos e estatais. Co obxectivo de festexalo, a consultora elaborou un vídeo que xa podemos reproducir na Rede e no que se fai un resumo dos principais fitos acadados ao longo deste tempo, debullando algúns dos seus grandes proxectos en materia de recursos humanos enfocados no sector TIC.
Entre os fitos principais, Vitae enumera os seguintes: 35.000 persoas formadas e 14.000 entrevistadas dende o 1 de abril de 2006 (cando Vitae comezou a realizar entrevistas nos procesos de selección só por teléfono ou en liña con Skype).
Seguindo cara adiante no tempo, en 2007 a consultora implantou o modelo de teletraballo a tempo completo e en 2008 desenvolveuse o primeiro curso in company sobre Os piares da Saúde mental no traballo, baseado na Psicoloxía Cognitiva, para unha importante consultora TI da nosa terra.
En 2009 Vitae impartiu o primeiro curso de Xestión de Proxectos con PMI e o primeiro curso de Scrum en aberto en Galicia.
En 2010 realizou a primeira Guía Salarial do Sector TIC en Galicia coa axuda do CITIC.
En 2011 desenvolveu un estudo sobre retribución fixa e variábel dos profesionais comerciais das empresas TIC Galegas. Ademais realizou a primeira selección do seu primeiro CEO (director executivo) para unha importante empresa TI Galega.
En 2012 impartiu o primeiro curso en aberto en Galicia de Big Data e de Machine Learning.
En 2013 levou a cabo o primeiro evento en Galicia de Xestión de Proxectos Preditivos vs Áxiles coa UVigo e o CITEXVI.
En 2014 impartiu o primeiro curso na nosa terra de Power BI con Excel. Tamén un curso en aberto de Psicoloxía Cognitiva na Empresa para mellorar a saúde psicolóxica das nosas profesionais TIC.
En 2015 realizou selección de persoal e formación para máis de 50 empresas TIC e para tres das multinacionais máis grandes do mundo, todas elas con máis de 300.000 empregados
En 2016 impartiu a 4ª edición do curso de Técnicas e Habilidades Humanas na Toma de Requisitos para Proxectos TI.
En 2017 realizou a 9ª edición do curso Avaliación e Selección Avanzada de Perfís TI e chegou ao número de 2.000 profesionais TI seleccionados aos seus clientes.
En 2018 impartiu a primeira edición en Galicia do curso Desenvolvemento Seguro ante Ciberataques.
En 2018 estreou na nosa comunidade o primeiro curso en Galicia de Intelixencias Múltiples aplicadas á Empresa.
En 2020 comezou a impartir cursos 100% en liña. Tamén celebrou a 6.ª edición do curso Certificación en Fundamentos de Testing ISTQB e a 36.ª edición do curso de Scrum e a 21.ª do curso de PMI.
En 2021 impartiu a 1.ª edición do curso Autocoñecemento do Perfil Profesional.
En 2022 organizou por vez primeira en Galicia un curso de computación cuántica. Neste mesmo ano impartiu o curso de Certificación do Modelo de Comportamento Humano DISC.
En 2023 desenvolveu a segunda edición do curso de Habilidades de Comunicación en Equipos TI e impartiu a 2.ª edición do curso de Xestión de Conflitos.
En 2024 chegou á cifra de máis de 35.000 profesionais formados e á cifra de de 14.000 profesionais entrevistados nos procesos de selección.

Vídeo repasando os fitos dos 18 anos de actividade de Vitae Consultores

PUBLICIDADE