Vieiros, decano da prensa dixital galega, cumpre 13 anos

mércores, 25 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Este martes, mentres en Galicia a xente celebra o Entroido, dende Vieiros fan o propio co seu aniversario, xa que o medio decano da prensa dixital galega cumpre 13 anos de singradura, fito que non puideron destacar debidamente por atoparse a traballar na cobertura da campaña electoral.
En 1996 nacía Vieiros, o barrio galego en Internet, que sería un medio pioneiro, que apostaría pola web como canle de difusión nun momento no que os poucos fogares con acceso á Rede tiñan que utilizar modems telefónicos a través no nefasto servizo de InfoVía, o que engade un plus de mérito a esta iniciativa que é todo un referente do xornalismo galego.

PUBLICIDADE