Videoxogo.gal partifica na prestixiosa feira GameInvest, este 22 de xullo en Málaga

xoves, 21 de xullo do 2022 S. P.

Videoxogo.gal, a asociación galega de videoxogos e contidos interactivo, segue adiante este verán cos seus obxectivos de potenciar o sector galego a través do Hub Audiovisual e o financiamento da axencia autonómica AGADIC. Sen ir máis lonxe, anunciou a súa colavoración cunha das maiores feiras do sector a nivel nacional, GameInvest de Málaga.
Videoxogo.gal estará presente na xornada profesional de GameInvest, dando a coñecer o potencial galego perante investidores e profesionais nacionais e internacionais, e abrindo novas oportunidades para start-ups e novas empresas, para así avanzar cara á profesionalización da industria do videoxogo en Galicia.
A asociación lémbra que a súa actividade recente complementouse coa participación nos eventos Mundos Digitales, FanCine de Lemos, Videoxogando e Ourense Gaming Experiencie, todos celebrados este mes de xullo. Amais, está a centrar esforzos no polo de aceleración de vidoxogos impulsado pola Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia (AGADIC), con financiamento a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), polo onde a asociación colabora como entidade xestora. “O sector promete moitas máis novidades e unha manchea de actividades nos próximos meses”, sinalan dende Videoxogo.gal, engadindo que esta industria do lecer dixital é unha das de maior crecemento a nivel mundial, “e Galicia non se queda atrás neste avance do sector dos videoxogos e contidos interactivos”.

PUBLICIDADE