Verónica Bolón imparte na Real Academia de Ciencias de España unha conferencia sobre IA

xoves, 20 de abril do 2023 S. P.

A profesora da Facultade de Informática da Universidade da Coruña e investigadora do CITIC (UDC) Verónica Bolón Canedo impartirá na tarde deste xoves 20 de abril, ás 18:30 horas, a conferencia Intelixencia Artificial: pasado, presente e futuro, na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España.
Ao finalizar o acto, ao que asistirá o reitor da UDC, Julio Abalde, a RAC entregará a Bolón Canedo o diploma acreditativo de membro desta Corporación. Verónica Bolón Canedo é profesora do departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial. Forma parte do grupo de investigación Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDIA).


PUBLICIDADE