Varios aeroportos norteamericanos xa contan con cabinas para a carga de dispositivos electrónicos

venres, 4 de abril do 2008 Marcus Fernández

O xornalista Kent German comentou para Cnet que no aeroporto McCarran de Las Vegas atopou unha curiosa máquina que por 3 dólares lle permitía cargar o seu móbil ou reprodutor multimedia durante 30 minutos, polo que atendería unha demanda moi habitual neste tipo de lugares onde moitas veces é doado atopar conexión á Rede por Wi-Fi pero non hai onde conectar á corrente eléctrica os nosos trebellos.
Este sistema de carga chámase ChargeCarte, e conta con tarifas de carga para 15 ou 30 minutos, e se sitúan normalmente en aeroportos. Ten conectores para 12 tipos de móbil (incluíndo Samsung, Nokia, Palm, BlackBerry, LK e Nokia) e mesmo para un iPod ou un iPhone, resultando de grande utilidade durante as demoras dos voos.
Estas cabinas de carga rápida da empresa Smart Carte, e están a gañar popularidade, de xeito que aparte de en aeroportos, cada vez será máis doado atopalas noutro tipo de establecementos públicos, aínda que teñan unha importante eiva: o usuario debe permanecer xunto a máquina durante a carga se non quere que lle rouben o seu trebello favorito.

PUBLICIDADE