Un experto en seguridade alemán atopa un método para desprotexer as redes de telefonía móbil GSM

martes, 29 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Karsten Nohl atopou un método para desprotexer as redes de telefonía móbil GSM (2G)

Durante o Chaos Communication Congress o experto en seguridade informática Karsten Nohl realizou unha presentación na que deu a coñecer a vulnerabilidade do sistema de cifrado empregado actualmente polo sistema de telefonía móbil GSM, empregado actualmente polo 80% das chamadas realizadas a nivel mundial, de xeito que pretende así advertir da falta de seguridade nas comunicacións móbiles actuais.
O método empregado para superar a protección nas comunicacións móbiles permitiría a clonación de números, a suplantación de identidade, a intercepción, a decodificación, o espionaxe ou o colapso de chamadas, en definitiva, deixa totalmente exposta unha tecnoloxía de uso extensivo que precisa dunha actualización de seguridade. De feito, a Asociación GSM está bastante molesta coa publicación realizada por Nohl (quen realizou a investigación con fins académicos, tomando precaucións para non cometer ilegalidades durante a súa análise de redes GSM), pois consideran que está a por en perigo a seguridade de toda a rede de comunicacións móbiles, aínda que polo momento a vulnerabilidade detectada é teórica e non parece probable que vaia a aproveitarse na práctica, pois polo momento o método anunciado resulta pouco eficiente, o que podería cambiar en poucas semanas (de depurarse o código presentado).

PUBLICIDADE