Un dispositivo Bluetooth facilita a gravación das nosas chamadas
mércores, 1 de abril do 2015
En poucas horas remata a campaña
de captación de financiamento do Bluewire, un novo sistema de mans libres
por Bluetooth pensado para as chamadas de voz ordinarias e sobre IP dende o
smartphone, que facilita a gravación das conversas de xeito automático, podendo
incluso gardalas logo en servizos de almacenamento en liña.
Este produto de Senss Technologies presume de
ser o gravador de chamadas Bluetooth máis cativo do mundo, que destaca por
gravar os sons tanto do auricular como do micrófono deste mans libres, de xeito
que pode rexistrar conversas enteiras na súa memoria integrada (de 16/32 GB),
podendo xestionar as gravacións a través e aplicacións para iOS e Android que
permiten asà volver a escoitalas, asà como mandar as gravacións cun único
toque.
Unha curiosidade do Bluewire é que tamén é compatible con outros mans libres
Bluetooth que empreguemos, o que permitirÃa, por exemplo, gravar conversas que
fagamos co sistema de mans libres do automóbil. Inclúe NFC para facilitar o
emparellamento do Bluewire con outros dispositivos e tamén sistema de carga sen
fÃos Qi (facendo moi cómoda a recarga da súa baterÃa interna).
O produto remitirase aos mecenas a partires de xullo e pode adquirirse por 169
dólares (157,28 euros) con 16 GB de almacenamento interno e 245 dólares (228
euros) para o modelo con 32 GB de capacidade.
- O Bluewire contrólase a través de aplicacións para iOS e Android