Ubisoft+ pode probarse de balde até o 10 de outubro
luns, 12 de setembro do 2022
Para celebrar o terceiro aniversario do servizo de subscrición de videoxogos
Ubisoft+ ofrecen a modalidade Multi Access para PC, Stadia e Amazon Luna de
balde até o 10 de outubro, animando aos usuarios asà a probar este servizo que
permite xogar a máis dun cento de tÃtulos de Ubisoft, como Assassin’s Creed
Valhalla, Far Cry 6, Watch Dogs: Legion ou as sagas de Prince
of Persia e Rayman. Os xogos non se limitan á súa versión básica, senón
que tamén inclúen seu contidos adicionais e pases de tempada das súas edicións premium,
e chegan ao servizo dende o dÃa do seu lanzamento.
Cómpre advertir que estamos ante unha subscrición de proba, ou sexa, que os
usuarios deberán cancelar a subscrición atés do 10 de outubro se non queren que
se lles cargue a tarifa mensual estándar.
AÃnda que Ubisoft+ inicialmente só permitÃa a instalación de xogos en PC, con
Multi Access o xogo faise moito máis accesible, xa que os tÃtulos tamén están
dispoñibles a través de Stadia, o que permite gozar dos mesmos sen contar cun
ordenador potente, xa que son os servidores de Google os que corren o xogo para
que poidamos manexalo dende un ordenador, un dispositivo móbil ou incluso
directamente un televisor conectado.