Twitter amplía o tamaño das miniaturas das imaxes en dispositivos móbiles

xoves, 6 de maio do 2021 Marcus Fernández

Nas últimas horas Twitter activou a nivel global un dos seus cambios máis importantes visualmente ao mudar o xeito no que se recortan as previsualizacións das imaxes compartidas en dispositivos móbiles con iOS ou Android, comportamento que trasladarán en breve tamén á versión web de Twitter, dicindo adeus a moitos memes que consistían en enganar ao usuario ao amosar unha versión parcial dunha imaxe.
A partir de agora as imaxes amosaranse completas nas miniaturas sempre que se movan en proporcións entre 2:1 e 3:4, ou sexa, que de ser demasiado largas ou altas recortaranse para non ocupar un espazo excesivo na pantalla dos móbiles.
Lembremos que os recortes de imaxe son un problema histórico nas redes sociais, pois cortar a imaxe de xeito centrado normalmente achega unha miniatura pouco representativa, mentres que utilizar intelixencia artificial para detectar os elementos importantes como as caras ten demostrado ser todo un problema de reputación, xa que tense detectado racismo e machismo á hora de elixir a quen destacar nunha fotografía.

PUBLICIDADE