Toxo Telecom, a operadora de Ribeira, estrea páxina web

mércores, 22 de xullo do 2020 S. P.

Toxo Telecom, a operadora de Ribeira, dende onde subministra fibra, móbil, TV e telefonía fixa, está estes días de estrea, presentando ante usuarios reais e potenciais a súa nova páxina web, www.toxotelecom.gal. Trátase dun coidado servizo de información e comunicación cuxa posta en marcha foi, en palabras dos responsábeis de Toxo, “un dos grandes acontecementos da empresa neste 2020”, que, ademais, vén co engadido extra de ser un produto cen por cen galego. A web, de feito, foi deseñada na nosa lingua, desenvolvida en Ribeira (polo equipo da cooperativa local ctBarbanza), concibida co dominio .gal e está aloxada en Santiago de Compostela. Ou sexa, máis nosa imposíbel.
A páxina foi moi ben recibida polos usuarios de Toxo, non só pola súa importante “galeguidade”, senón tamén pola utilidade, a sinxeleza e a claridade dos seus recursos, que se artellan en catro puntos fundamentais (fibra, móbil, TV e contacto) e que se complementan con información detallada e directa das diferentes modalidades de contrato que se ofrecen, moitas delas de gran interese (como por exemplo a oferta lanzada este 17 de xullo que combina fibra de 100 Mbps, máis fixo con chamadas ilimitadas a fixos e 60 minutos a móbiles, máis TV con TDT á carta e máis móbil con 3GB e chamadas ilimitadas por 38,95 euros ao mes).
Por certo que a web tamén se ofrece en castelán.

PUBLICIDADE