Torusware organiza unha xornada sobre Docker na Coruña

luns, 13 de xuño do 2016 Marcus Fernández

O vindeiro xoves no espazo de coworking WeKCo na Avda. Novo Mesoiro da Coruña celebrarase un Docker Meetup, un encontro dirixido a desenvolvedores que queiran afondar en Docker e as tecnoloxías de contedores con relatorios de expertos na materia e unha mesa redonda para rematar.
Esta actividade presentarase ás 20:00 horas, para dez minutos despois deixar paso a Roi Costas de Torusware, quen falará de como orquestrar contedores en Docker. O segundo relatorio corre a cargo de Álvaro Saurin de SuSE, quen encargarase de abordar o networking en Docker.
Para completar a xornada unha mesa redonda intentará dilucidar de Docker é o único futuro ou unha moda, tema que tratarán Álvaro Saurín, Daniel Fernández e algún colaborador máis pendente de confirmar.

PUBLICIDADE