ThinkGeek anuncia un test de embarazo por USB
xoves, 3 de abril do 2008
Estamos afeitos a ver cada dÃa trebellos máis orixinais para os
portos USB dos nosos ordenadores, pero o que poucos poderÃan agardar é que
ThinkGeek comercializase un test
de embarazo informatizado.
O Pteq-USB serÃa un
dispositivo moi semellante ás probas de embarazo tradicionais, pero que se
conectarÃa ao ordenador por USB para que unha aplicación informática amose os
niveis homonais (hCG, H-hCG e LH) acendéndose no propio dispositivo a cara dun
bebé no caso de embarazo.
Funciona en equipos con Windows 98, Millennium, 2000, XP, Vista, Linux 2.4 e
Mac OS X e inclúe 20 tiras para varias probas, prometendo unha eficacia do 99%.
O orixinal trebello se venderÃa a 17,99 dólares se non fose unha broma do Primeiro de
Abril.