«Tentamos dar ao alumno un coñecemento de base non perecedoiro» – Alberto Basalo, formador asociado a Vitae
martes, 21 de maio do 2019
O que é aplicábel en arquitectura e construción, en materia de boas prácticas, tamén é aplicábel en proxectos de aplicacións informáticas. Ou sexa, que cómpre poñer todo da nosa parte por impulsar proxectos limpos, sinxelos, ben artellados e doados de comprender e manter. Vitae Consultores centra parte dos seus esforzos en capacitar en excelencia desenvolvedora aos nosos profesionais, e, dentro da consultora, o formador Alberto Basalo é un referente neste tipo de adestramento. Basalo, enxeñeiro técnico en Informática con dúas décadas de experiencia como analista programador, é socio director de AgoraBinaria e consultor asociado a Vitae. En Código Cero puidemos falar con el da súa experiencia e dos seus retos.
-As
actividades formativas que vostede imparte en Vitae Consultores, en
que consisten e a quen van dirixidas exactamente?
-Ensino
tecnoloxÃas relacionadas coa programación. Especialmente baseadas
na linguaxe JavaScript e máis concretamente no framework
Angular de Google para o desenvolvemento de aplicacións web. Tamén
imparto técnicas de código limpo e arquitectura de software que
buscan crear programas doados de manter. Todas as actividades van
dirixidas a profesionais da programación que queren mellorar ou
estar ó dÃa das linguaxes e das novidades do sector.
-En
que se benefician os profesionais que acoden aos obradoiros? Dito
doutro xeito: que están en capacidade de facer estes profesionais
nas súas respectivas empresas, unha vez rematado o curso, que antes
de participar no curso non estaban en disposición de facer?
-Nos
cursos de tecnoloxÃa preténdese que coñezan unha nova ferramenta.
Os obxectivos están claros e unha vez acadados, normalmente, póñenos
en práctica en canto volven ao posto de traballo. Pero nos
obradoiros de código limpo e arquitectura imos máis alá. Tratamos
de transmitirlles uns valores profesionais para que medren na empresa
e se sintan satisfeitos co seu traballo.
-Vitae
Consultores apoia boa parte da súa actividade en achegar contidos,
recursos e metodoloxÃas avanzadas para os nosos profesionais,
xeralmente das TIC e da innovación, pero tamén doutros sectores e
ámbitos de acción. Estes contidos e recursos inciden nas vantaxes
da auto-actualización do coñecemento e das capacitacións de cada
quen, de continuo e con regularidade. Cre vostede na importancia de
formarnos e actualizarnos regularmente? No ámbito das novas
tecnoloxÃas con máis razón?
-Por
suposto que o creo; a formación é clave para mellorar a
produtividade e para enfrontar a competencia. Os traballadores do
coñecemento estamos gustosamente obrigados a formarnos
permanentemente. No caso das novas tecnoloxÃas chama a atención a
frecuencia coa que estas cambian. Moitas veces a xente ten dúbidas a
hora de escoller a tecnoloxÃa por medo a que o esforzo non mereza a
pena. En Vitae escollemos ferramentas novidosas, pero asentadas e de
futuro. Explicámolas sempre nun contexto mais amplo. Asà dámoslle
ao alumno un coñecemento de base non perecedoiro.
-Cal
é a clave do éxito para un formador ou formadora de contidos
avanzados e tecnolóxicos?
-É
fundamental que te vexan coma un de eles. Non usar linguaxe demasiado
académica e falarlles de cousas útiles no dÃa a dÃa. Que saiban
que o que lles estás a contar xa o viviches, e que falas por
experiencia. No meu caso, sempre meto algo de humor porque a risa
axuda a relaxarse e favorece a memorización.
-As
técnicas e tecnoloxÃas que ensina, baséanse na súa experiencia
práctica?
-Creo
que un debe falar do que aprendeu pola vÃa da práctica. Nos meus
máis de 20 anos de experiencia teño traballado en moitas
organizacións; dende grandes multinacionais a pequenas start-ups.
Isto, dáme certa perspectiva para distinguir o importante do
accesorio, e permÃteme darlles consellos prácticos que ás veces
converten a clase nunha sesión de consulting enriquecedora
para todos.