Telefónica prevé o abandono do par de cobre en 38 centrais

mércores, 28 de outubro do 2015 Marcus Fernández

Aínda que pareza imposible, achégase a fin das tradicionais redes telefónicas baseadas en par de cobre para verse substituída por modernas redes de fibra óptica até o fogar, de xeito que, segundo vai incrementándose a presenza das liñas FTTH as centrais de par de cobre vai resultando innecesaria, e como mostra diso temos que o mes que vén Telefónica pechará unha central en Sant Cugat del Vallés (Barcelona) e outra en Torrelodones (Madrid). Pero estas só serían as primeiras de moitas, estando xa previsto o peche de 36 centrais máis, das que 2 estaría na provincia da Coruña, o que polo momento é algo simbólico, xa que hai unhas 6.500 centrais en todo o Estado, polo que queda moito camiño por andar, sendo a meta o ano 2020, cando prevese que o tipo de conexión ás telecomunicacións fixas dominante sexa a fibra óptica.
Para que Telefónica poida pechar unha central é preciso que máis do 25% dos clientes desa central empreguen medios de acceso alternativos (como o FTTH), aínda que no caso de haber operadores alternativos desagregando o bucles estes poderán seguir a empregar a central durante 5 años (prorrogables en 6 meses), prazo que se reduciría en 1 ano (prorrogable en 6 meses) no caso de operadores alternativos que non fagan uso do bucle desagregado. Ou sexa, que con estes prazos parece claro que se aproxima a fin do par de cobre, proceso que será paulatino, e que realmente non supón o peche de infraestruturas, senón o cesamento do uso das redes de cobre para empregar as mesmas instalacións para comunicacións por fibra óptica ou telefonía móbil.

PUBLICIDADE