Telefónica eleva o seu beneficio neto ata 5.610 millóns, no que vai da ano

xoves, 12 de novembro do 2009 Raquel Noya

A estratexia seguida por Telefónica España ao longo de 2009 e a súa capacidade de adaptación aos cambios no entorno de operacións derivados do escenario macroeconómico actual, permitíronlle á nosa operadora internacional máis importante consolidar o seu liderazgo competitivo, apostando polo crecmento futuro, e mantendo unha alta xeración de caixa pese á presión dos ingresos.
Deste xeito, nos primeiros nove meses de 2009, Telefónica obteu uns sólidos resultados que reflicten o éxito da estratexia da compañía, enfocada en incrementar a base de clientes e fomentar o uso dos seus servizos, avanzando ao mesmo tempo na maximización da eficiencia e o incremento da caixa.
O enfoque comercial de Telefónica España, que na súa teima por medrar no mercado non deixou de apostar pola innovación nos seus servizos, permitiulle incrementar o número de accesos totais ata nun 6,6 por cento respecto a setembro de 2008, ata superar os 268 millóns de euros.
Este crecemento vén fortemente apoiado na expansión dos accesos móbiles (+8,9 por cento), banda ancha fixa (+9,8 por cento) e televisión de pago (+15,1 por cento.
Destaca especialmente o forte incremento da actividade comercial de Telefónica España rexistrado no terceiro trimestre de 2009, con melloras significativas en todos os servizos. Así, a compañía liderou a captación de clientes no mercado español no último trimestre, ata acadar un total de 47,3 millóns de accesos (+0,2 por cento interanual), destacando o meirande número de accesos minoristas a Internet de banda ancha, que medran un 6 por cento superando os 5,4 millóns, e o crecemento da base de clientes móbiles ata 24 millóns (2,4 por cento interanual), impulsado pola crecente adopción de tarifas planas de datos, que superan 1,5 millóns a setembro.
A finais de setembro de 2009, o mercado da telefonía móbil supera 55,4 millóns de liñas, o que supón unha penetración estimada do 121 por cento, 6 puntos porcentuais máis que en setembro de 2008. Neste entorno, o principal obxectivo da compañía continúa a ser o mantemento do liderazgo en cota de ingresos, registrando un diferencial positivo entre cota de ingresos de saída e cota de mercado de clientes.
Deste xeito, o parque móbil de Telefónica España acada os 24 millóns de clientes, cun crecemento interanual do 2,4 por cento, mostrando unha aceleración no crecemento fronte ao acadado en xuño de 2009.
Por outra banda, no periodo xaneiro-setembro de 2009, e no seu entorno máis volátil, Telefónica Europa segueu a incrementar os seus ingresos, grazas á continua xestión de eficiencias, mostrando de novo un mellor comportamento relativo nos seus principais mercado.
A finais de setembro de 2009, o número total de accesos de Telefónica Europa acada os 48,6 millóns (+8 por cento interanual).

PUBLICIDADE