Telefónica completou o despregamento do 4G en Santiago de Compostela

martes, 17 de marzo do 2015 Redacción

Un dos móbiles que mellor desempeño coas redes 4G amosou foi o HTC OneA cidade de Santiago conta dende hoxe con tecnoloxía 4G en todas as súas rúas e barrios, grazas ao despregamento efectuado por Telefónica durante os últimos meses e para o que dotou con tecnoloxía de banda larga ultrarrápida móbil a 22 das estacións bases urbanas xa existentes que ata o momento traballaban con redes 2G e 3G.
Telefónica conectou tamén estas estacións á súa rede de fibra óptica, mellorando así o servizo de transmisión de datos debido á maior escalabilidade deste medio de transporte, o cal permite ampliar a capacidade ou tráfico de datos cursado en situacións de alta demanda.
O 100% da poboación de Santiago pode gozar xa de velocidades de navegación en Internet de ata 100 Mbps, que fan posibles a descarga e a compartición instantánea de arquivos como música, contidos en alta definición ou o goce de videoxogos en liña
O espallamento da rede 4G en Galicia continuará a bo ritmo durante os vindeiros meses, o que suporá unha mellor cobertura en interiores e unha maior capacidade da rede, atendendo así á crecente demanda deste tipo de conexións móbiles.

PUBLICIDADE