Sony presenta un sistema de auriculares para escoitar música por Bluetooth
martes, 14 de maio do 2013
Sony, ao anunciar onte o XPERIA ZR, incorporou ao seu
catálogo un novo produto, o sistema
de auriculares Bluetooth SBH50, composto por un completo receptor de audio sen
fÃos mediante Bluetooth 3.0, que tira proveito da tecnoloxÃa NFC para
emparellarse cos dispositivos cos que quere traballar (podendo enlazar con 2 á
vez) e que resulta moi práctico para os que quere aproveitar este tipo de
tecnoloxÃa principalmente para escoitar música, pois conta con numerosas teclas
de control (anterior, seguinte, reproducir/pausar, menú, acender e responder/colgar
unha chamada telefónica), unha pantalla OLED de 128 x 36 pÃxeles e incluso un
receptor de radio FM con RDS.
Un detalle importante deste pequeno trebello (de 58 x 24 x 8 milÃmetros e un
peso de 16,8 gramos) con forma de pinza é que conta cun conector de auriculares
estándar de 3,5 milÃmetros, de xeito que pode empregarse tanto cos auriculares
incluÃdos coma cos nosos auriculares preferidos. Ofrécese en branco ou negro, e
a súa baterÃa recargable por micro USB ten unha capacidade de 115 mAh, o que
permÃtelle funcionar unhas 400 horas en espera e 8 horas en uso (para voz ou
música). Chegará ao mercado en breve, descoñecéndose polo momento o seu prezo de venda ao público.
- O receptor Bluetooth conta con botóns para facilitar o control multimedia
VÃdeo de presentación do novo Sony SBH50