Sony pon á venda un mando a distancia universal con pantalla de papel electrónico

luns, 15 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

Hoxe sae á venda no Xapón un produto bastante rechamante para chegar dun grande fabricante como Sony, o mando a distancia universal HUIS (Home User InterfaceS), que nun único dispositivo permite controlar distintos trebellos do fogar para o que opta por utilizar como sistema de control unha pantalla de comercio electrónico. Este novo mando pode adquirirse por 27.950 iens (218,72 euros), e pese ao seu elevado prezo, parece estar a captar bastante interese dun público que sabe valorar o seu control altamente personalizable (o mando pode amosar unicamente os botóns que son realmente necesarios), sen problemas de autonomía (ou optar pola tinta electrónica evítanse os problemas doutros mandos avanzados con pantalla LCD) e cunha forma que tanto se adapta comodamente á mando do usuario como pode colocarse no fogar dun xeito discreto (lembrando a un reloxo ou a unha estación meteorolóxica).
O HUIS-100RC ten unhas dimensións de 123 x 68 x 24 milímetros, un peso de 130 gramos, batería de 1.500 mAh, conectividade Bluetooth e USB, que pode empregarse para manexar televisores, reprodutores de discos ópticos, a iluminación, o aire acondicionado... podendo adaptarse o mando aos distintos dispositivos a través dunha aplicación informática instalada no noso ordenador, sendo posible descargar e compartir configuracións do mando a través da Rede.

JPEG - 70.7 KB
O HUIS de Sony pode colocarse no fogar dun xeito discreto cando non o esteamos a usar
JPEG - 56.1 KB
O mando a distancia HUIS pode personalizar en función do uso que queiramos facer do mesmo

Vídeo promocional do innovador mando a distancia de Sony

PUBLICIDADE