SmartPEME remata abril con seis novos obradoiros tecnolóxicos en liña

mércores, 27 de abril do 2022 S. P.

A Deputación de Pontevedra, a través do programa de capacitación tecnolóxica empresarial SmartPEME, oferta esta última semana de abril seis novas accións formativas impartidas de xeito online, todas elas co nexo común de facilitar a dixitalización das pequenas e medianas empresas e do día a día das persoas autónomas. As accións tratarán temas como a cultura sustentábel e a responsabilidade social nos negocios, a dinamización das páxinas web, a iniciación na eAdministración, as novas redes sociais para a promoción turística, as posibilidades de Instagram e a ciberseguridade.
As sesións comezaron o martes 26 pola mañá, con Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas, impartindo o obradoiro Impulsa a cultura sustentábel e a responsabilidade social no teu negocio l. Pola tarde, Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela, amosou como manexar a ferramenta Google Web Stories.
Este mércores 27 ofrécense dous novos talleres: o primeiro será Primeiros pasos coa Administración Electrónica conducido por José Luís Taboada, enxeñeiro informático con máis de 20 anos de experiencia. Nel tratará de dar a coñecer a obtención, utilización e aplicación de diversas ferramentas como o DNI electrónico e o certificado dixital e as súas vantaxes . O segundo será Novas redes sociais para a promoción turística; TikTok e Twich. Sonia Torres, con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas, falará sobre estas dúas potenciais redes que permiten conectar e interactuar aos usuarios de ditas plataformas.
O xoves 28, celebraranse os últimos obradoiros do mes. No primeiro, o Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, Manuel Freire, impartirá Ciberseguiridade, contramedidas básicas II complementando o taller da semana anterior. Este terá o obxectivo duplo de concienciar ao usuarios sobre os riscos da Internet e exporá contramedidas básicas para estarmos máis protexidos nas nosas navegacións. No segundo, Instagram e o seu contido visual, Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, fará un repaso por todas as opcións de contido visual que Instagram e, tamén, pola importancia da identidade visual nas publicacións das nosas redes.

PUBLICIDADE