Sintonizador Blusens TP-35 compatible coa TDT Premium e con gravación USB
luns, 18 de xaneiro do 2010
No pasado mes de
setembro volveu á España a TDT de pagamento, pero con reducidos equipamentos
domésticos adaptados, e pouco a pouco foron chegando ao mercado dispositivos
compatibles coa TDT Premium, aÃnda que moi básicos, cousa que comeza a cambiar,
e asà temos o Blusens
TP-35, que é un sintonizador de TDT de definición estándar con fenda Common
Interface para poder dotala de acceso á TDT de pagamento e que tamén conta con
conectividade USB para poder gravar os contidos televisivos en memorias USB ou
discos duros externos, asà como para facer uso da función de timeshift ou pausa en directo.
Amais, o porto USB tamén serve para visualizar fotografÃas en JPEG, escoitar
música en MP3 e reproducir vÃdeos en MPEG-1/2/4, entre os que estarÃan os vÃdeos
no popular formato Xvid. O Blusens TP-35 mide 26 x 29 x 3,8 centÃmetros, pesa
936 gramos, conta con menús en pantalla en español, éuscaro, catalán e galego e
pode atoparse nas
tendas por un prezo de a partires de 39,90 euros.