Santiago achega un obradoiro de formación en desenvolvemento de aplicacións web
luns, 16 de setembro do 2019
O
Concello
de Santiago vai organizar, cunha subvención autonómica de 180.000
euros, un novo obradoiro de emprego TIC para favorecer a
empregabilidade e a formación avanzada da xuventude local. En
total, beneficiaranse dezaseis alumnas e alumnos en situación de
busca de traballo. A actividade adestrará aos participantes en
desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxÃa web. O obradoiro
Santiago Sustentábel ten, tamén, o obxectivo de deseñar e
construÃr un portal temático sobre eficiencia na xestión de
recursos, coidado do medio ambiente, xestión smart e
participación cidadá.
A
información sobre a actividade xa está publicada na web da Axencia
Local de Colocación. Segundo se fai saber na páxina, o
obradoiro é un programa mixto de emprego e formación dirixido a
mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas polo vieiro das
TIC, co-financiando pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo
Social Europeo, e promovido polo Concello. O programa de adestramento
terá unha duración de medio ano. Implicará a contratación das
alumnas e alumnos como traballadoras/es.