SanDisk estrea o seu propio reprodutor multimedia en forma de pinza
luns, 27 de agosto do 2007
O éxito do iPod
shuffle levou a Creative a lanzar o seu Zen Stone, e SanDisk non quere
permanecer impasible ante a proliferación de reprodutores multimedia de tamaño
reducido, polo que presentan o seu Sansa
Clip, un reprodutor de MP3 e WMA que inclúe radio FM e gravador de voz que
co tamaño dunha caixa de mistos inclúe unha pantalla OLED de 3 liñas e unha
baterÃa recargable que lle permite unha autonomÃa de ata 15 horas.
O Sansa Clip venderase en capacidades de 1 e 2 Gb a 40 e 60 dólares
respectivamente, estando dispoñible nos EE.UU. dende finais de setembro en
cores negra, vermella, rosa e azul.