Resucitan a primeira páxina web para celebrar o seu 20º aniversario

martes, 30 de abril do 2013 Marcus Fernández

O 30 de abril de 1993 é o día no que a World Wide Web veu a luz no CERN a través dunha pequena páxina web que sementou un fenómeno que evolucionou enormemente nos últimos 20 anos, e para celebrar tal aniversario decidiron recuperar esta espartana páxina nos servidores web do CERN para preservala no seu enderezo orixinal: http://info.cern.ch/hypertext/WWW/TheProject.html.
Aínda que Tim Berners-Lee inventase a web en 1989, nomeándoa como World Wide Web e pensando no seu uso por investigadores de todo o mundo para ligar documentos científicos, o feito de que a súa tecnoloxía fose ofrecida libremente ao mundo facilitou a súa rápida adopción, e a publicación da primeira páxina da web supón un momento digno de mención, como unha das poucas datas concretas que temos para marcar a historia da Internet tal e como a coñecemos (pois o aniversario da Rede é algo moito máis difícil de concretar).

PUBLICIDADE