Reprodutor de DVD portátil de Airis
mércores, 31 de decembro do 2008
Airis vén de
colocar no mercado a un prezo de venda recomendado de 199 euros o seu novo reprodutor
de DVD portátil, modelo LW278, que conta cunha pantalla xiratoria (180 graos)
de 9 polgadas e con sintonizador de Televisión Dixital Terrestre (TDT) de
serie.
O equipo se pode empregar tanto para reproducir pelÃculas en DVD coma ficheiros
en formatos coma o DivX, MPEG-4, JPEG e MP3, gardados tanto en discos coma en
tarxetas de memoria ou en dispositivos USB.
Este DVD portátil integra unha baterÃa de litio que facilita o seu uso en case
calquera lugar, e o seu deseño tamén facilita que se colgue de xeito cómodo e
doado no asento do coche para empregalo durante longas viaxes.