Redmi 8: o novo smartphone económico de Xiaomi con baterÃa de 5.000 mAh e carga rápida
mércores, 9 de outubro do 2019
Xiaomi vén de presentar na India o novo smartphone Redmi 8, que en breve deberÃa chegar
a España, e que promete converterse nun dos terminais máis atractivos para os que
queren basicamente un smartphone competente cunha boa autonomÃa, xa que este
teléfono con pantalla de 6,22 polgadas conta cunha xenerosa baterÃa de 5.000
mAh que pode cargarse a 18 watts por USB-C.
Este smartphone presenta un deseño moi atractivo, cunha carcasa cun deseño que
dan en chamar Aura Mirror, a súa pantalla IPS HD+ está protexida por
Corning Gorilla Glass 5 e agocha unha cámara frontal de 8 MpÃxeles (con
desbloqueo facial) na súa pestana central superior, na súa traseira ten tanto
un lector de pegadas como unha cámara dual de 12 e 2 MpÃxeles con modo retrato,
o seu procesador Qualcomm Snapdragon 439 de 8 núcleos garante un funcionamento
máis que aceptable e chegará ao mercado en 2 configuracións: con 3 GB e RAM e
32 GB de almacenamento e con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento, a 7.999 e
8.999 rupias (102 e 115 euros) respectivamente, podendo ampliarse en ambos
casos o almacenamento interno mediante tarxetas microSD de até 512 GB.