Red.es presenta en Santiago un programa para fomentar o uso das TIC entre os cidadáns e as PEME

luns, 18 de xuño do 2007 Raquel Noya

A entidade do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Red.es, vén de presentar en Santiago de Compostela unha ampla iniciativa dirixida a fomentar a incorporación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) entre os cidadáns e as PEME da comarca no marco do Plan Avanza.
Ademais, incluidos no devandito Plan, Compostela acollerá outras dúas iniciativas para a incorporación das TIC na sociedade.


Presentación do evento

Por unha parte, o vindeiro día 20 de xuño, terá lugar o acto “Polígonos en Red”, un programa dirixido a fomentar a incorporación das TIC nas pymes asentadas en polígonos industriais, sobre todo naqueles con baixa penetración das TIC, e por outra banda, o “Espacio Avanza”, que é un programa de difusión das Tecnoloxías da Información e da Comunicación posto a andar da man do Ministerio de Industria en colaboración coas comunidades autónomas para o desenvolvemento da Sociedade da Información; terá lugar do 20 ó 24 de xuño en Santiago de Compostela.
Ámbalas dúas actividades recollen as liñas mestras do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para acadar a converxencia coa UE e entre Comunidades Autónomas e, entre outras personalidades, contarán coa participación de, Elena Veiguela Muñoz, directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Xunta de Galicia e de, Rafael Chavarri, portavoz de red.es.

PUBLICIDADE