Red.es incrementa o número de Oficinas Acelera Peme, que serán seis na nosa terra
mércores, 12 de maio do 2021
A
entidade
estatal Red.es vén de facer pública a resolución da convocatoria
de axudas para continuar co proceso de creación da rede de Oficinas
Acelera Peme por todo o territorio nacional. Desta convocatoria
resultaron beneficiadas 27 entidades entre as que se inclúen
asociacións profesionais e empresariais (13), colexios profesionais
(5) e centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica
(9). A esta convocatoria presentáronse un total de 87 solicitudes.
Pola nosa terra atópanse agora dúas asociacións beneficiadas que
se suman ás
que se deron a coñecer os meses pasados: a Asociación de
Empresas de TecnoloxÃa de Galicia e máis a Fundación Instituto
Tecnolóxico de Galicia (ITG).
O
orzamento dos proxectos subvencionados na convocatoria é de 8
millóns de euros (8.043.895,38), dos cales Red.es achegará 6,3
millóns, (6.307.508,34), e as entidades beneficiarias o resto.
As
oficinas que se crearán en virtude desta convocatoria estenderanse
por 15 comunidades, incluÃda, como dixemos, Galicia (onde se crearán
dous puntos de atención e asesoramento).
Estas
27 oficinas únense ás 60 postas en marcha en virtude do convenio
asinado con Cámara de España e que van permitir mobilizar un
orzamento total de 18 millóns de euros. O convenio coa Cámara conta
cun orzamento de 9,975 millóns, dos cales Red.es achegará un máximo
de 4,635 millóns e a dita entidade un máximo de 5,340. Neste punto
prevese a posta en marcha de 60 Oficinas Acelera Peme nas 17
comunidades autónomas e en Ceuta, das cales 35 estarán en marcha
durante este ano e 25 en 2022. En Galicia activaranse catro puntos de
actividade, que se suman aos dous devanditos.
As
oficinas son un espazo fÃsico e virtual no que se realizan labores
de sensibilización e apoio ás empresas do ámbito estatal
(incluÃdas as de nova creación), especialmente as pequenas e
medianas empresas, autónomos e emprendedores, sobre as vantaxes e
metodoloxÃas innovadoras para optimizar o funcionamento dos seus
negocios, mediante a incorporación das TecnoloxÃas da Información
e as Comunicacións (TIC) nos seus procesos, de modo que se favoreza
a demanda de tecnoloxÃas innovadoras que contribúan á mellora da
súa produtividade.