RTVE Play tende unha ponte a Europa

martes, 13 de febreiro do 2024 Marcus Fernández

Esta semana Radio Televisión Española ábrese máis ao continente europeo con rtveplay+, a plataforma de contido baixo demanda do ente público, mediante plans de subscrición que permiten así o acceso aos contidos audiovisuais dende fóra de España.
O servizo ten un prezo de 5,99 euros/mes ou 49,99 euros/ano, e achega os contidos propios de RTVE Play para subscritores fóra do Estado español, contribuíndo así á internacionalización dos contidos (series, cine, documentais, informativos, lecer e canles en directo).
Cómpre lembrar que dende España non é preciso contratar unha subscrición de pagamento, senón que para acceder aos contidos chega con darse de alta como usuario (de feito, cando tentamos acceder a rtveplay+ o sistema remítenos automaticamente a RTVE Play).

rtveplay+ pode contratarse nos países europeos mediante unha subscrición mensual ou anual, contando con 7 días de proba

PUBLICIDADE