Primux Tech complementa as nosas andainas ao aire libre co seu altofalante Beat 2
mércores, 22 de maio do 2019
O
fabricante galego Primux Tech,
emprazado na Tecnópole de Ourense e centrada no deseño e
desenvolvemento de trebellos electrónicos, saúda a chegada do bo
tempo (e dunha meirande incidencia nas nosas vidas das actividades de
lecer ao aire libre) cun dispositivo feito a medida das excursións.
Trátase
do altofalante sen fíos Beat 2, un trebello que complementa con
contribucións musicais, de comunicación e de seguridade as nosas
sesións deportivas de adestramento ou as nosas xuntanzas coas
amizades.
En
palabras de Primux, “os altofalantes sen fíos para as persoas que
practicamos deportes como o ciclismo ou a patinaxe son a mellor
solución para evitarnos desgustos de diversa índole”.
En
termos concretos, trebellos
como o Beat 2 proporcionan “a posibilidade de ouvir o que
acontece na nosa contorna de maneira nidia e reducen de maneira
considerábel o risco de sufrir accidentes, nós e os nosos
compañeiros de andaina”.
O
dispositivo wireless de Primux salienta polo seguinte: pola
súa durabilidade e capacidade de conexión, pola súa resistencia (é
resistente á chuvia e á poeira, e moi acaido para as nosas saídas
ao exterior), e polas súas amplas capacidades (amais de permitirnos
escoitar música, podemos atender chamadas co micrófono mans ceibas
que integra o aparello). Amais, o seu deseño é moi indicado para
practicarmos deportes de exterior, especialmente ciclismo: está
concibido para encaixar no porta-garrafas da bici ou nos petos
exteriores da nosa mochila de deporte.