Preto do 70% de Vimianzo conta xa con cobertura de fibra óptica de Movistar

venres, 2 de setembro do 2022 S. P.

Vista de Vimianzo nunha imaxe de costadamorte.org

A operadora Movistar fixo balance dos seus traballos para despregar Fibra Óptica até o Hogar (FTTH polas súas siglas en inglés) en Vimianzo, concello no que está presente esta tecnoloxía de Internet ultrarrápida en 18 núcleos de poboación. Isto, indica a empresa, permitiu que 386 novas unidades inmobiliarias dispoñan desta avanzada infraestrutura de comunicación. Estas vivendas súmanse ás 45 xa conectadas nos últimos meses á FTTH de Movistar, o que supón preto do 70% de todas as unidades inmobiliarias de Vimianzo.
Os novos núcleos con cobertura de FTTH de Movistar son Casas Novas, Piñeiros, Cambeda, Reboredo, O Careixo, Roalo, Rasamonde, Castromil, Señoráns, Reparada, Santa Irena, A Areosa, Serramo, O Arxomil, Gándara de Osa, Urroa, Sansobre e Torelo.
Movistar explica a maiores que os fogares conectados á súa fibra óptica poden gozar xa de voz con alta calidade nas chamadas e máxima velocidade de conexión a Internet en varios dispositivos (computadora, tableta, móbil…) de forma simultánea e sen reducir a velocidade de conexión, entre outras vantaxes. Ademais, se o usuario dispón de MovistarPlus, terá acceso a canles de alta definición e poderá gozar dos seus contidos mentres navega por Internet, ademais de conseguir a máxima velocidade e resposta nos xogos en rede.

PUBLICIDADE